16 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

Home / NOTICIAS AÑOS ANTERIORES / Adina / Concello, CETS e PSOE aplauden as medida

Adina

Concello, CETS e PSOE aplauden as medidas de seguridade para a vía rápida

Pola súa banda, a portavoz do PSOE de Sanxenxo, Dulcinea Aguín, indicaba que a medida que porá en marcha a Xunta "dános a razón"

 

SANXENXO

Concello, CETS e PSOE aplauden as medidas de seguridade para a vía rápida

Todos presentaran alegacións ao proxecto de desdobramento da VG-4.1

 06:40   

M. ARGIBAY - SANXENXO A Xunta de Galicia anunciaba o xoves que se tomarían medidas provisionais para frear os accidentes no último tramo da vía rápida do Salnés. A renovación do asfatado e a construción dunha mediana entre os dous carrís de circulación son as accións que levarán a cabo para reducir o número de accidentes, sobre todo os frontais. 
Os que nos últimos meses presentaron as oportunas alegacións ao proxecto da vía rápida aplauden a medida, aínda que algúns matizan que debe ser tal e como se cualificou: provisional. 
Así o consideran desde o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS), que entenden que se deben tomar medidas de seguridade "porque hai vidas polo medio, pero hai que recoñecer que é necesario e urxente o desdobramento. Esta obra hai que facela". 
O presidente do colectivo, Francisco González, aseguraba onte que "a crise dobrega a tomar certas esperas, pero o que fai falta é o desdobramento. Unha mediana non substitúe os dous carrís de circulación". 
González asegura que desde o colectivo non piden o desdobramento porque lles vaia a reportar un beneficio económico, senón que "é unha medida de seguridade. Esta estrada xa se levou demasiadas vidas por diante". 
Vía de uso cotián
Pola súa banda, desde o Goberno local aseguraron estar "encantados" de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tome "aquelas medidas que fosen estudadas tecnicamente e que estean acreditadas para diminuír os tráxicos sucesos que sufrimos recentemente". 
Por outra banda, lembraron que xa no seu momento insistiron en que se trata dunha "vía de uso cotián por parte dos veciños da comarca", especialmente dos do Grove e Sanxenxo, e cren que todas as medidas que se emprendan para diminuír a sinistralidade "son benvidas".
"Dannos a razón"
Pola súa banda, a portavoz do PSOE de Sanxenxo, Dulcinea Aguín, indicaba que a medida que porá en marcha a Xunta "dános a razón". Os socialistas presentaran no pleno do mes de xuño unha moción na que instaban á Xunta a tomar medidas para reducir a sinistralidade, e entre elas atopábase o cambio de asfaltado e a instalación dunha mediana. 
Así o fixeron tamén no prazo de alegacións, pois entre outras, atopábase a petición da mediana. Con todo, desde o PSOE lembraban onte que "o bipartito de Sanxenxo votou en contra. Demostraron que prima a cor política fronte á defensa dos intereses dos veciños". Aguín insistía en que a alcaldesa demostrou con esta acción "que non fai nada en contra do seu partido político", mentres que o concelleiro de VIP´s, José Luis Rodríguez, "o único que fai é mirar polo seu soldo".

En Adina reuniranse para tomar decisións 
Pola súa banda, a Asociación de Veciños de Adina tiña previsto reunirse na noite de onte para tomar decisións sobre esta medida da Xunta de Galicia. Aínda que a nivel persoal considerábana "boa para reducir a sinistralidade", prefiren non pronunciarse ata que se tome unha decisión colectiva. Os veciños desta parroquia sanxenxina presentaran alegacións ao proxecto instando á Xunta a realizar vías de servizo de dobre sentido que permitirían aos usuarios ter acceso ás propiedades e reducirían os atascos na vía principal. O obxectivo final desta proposta é enlazar estas vías de acceso coas praias que existen entre Canelas e Major a través de cinco ramificacións. Para os veciños sería moi positiva esta medida "porque nos permitiría circular nos meses de verán como o resto do ano".


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Progreso, nº124 baixo 36960 Sanxenxo (Pontevedra) Tfno./Fax: 986690158
E-mail: sanxenxo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera