16 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

Home / MOCIONES / 2014 / MOCIÓN PARQUE ESPIÑEIRO

2014

MOCIÓN PARQUE ESPIÑEIRO

Dende o PSdeG-PSOE de Sanxenxo pretendemos que o Parque do Espiñeiro sexa un parque moderno e completo de acorde as necesidades dos usuarios.

 

23/10/2014

 

              O PLENO DO CONCELLO DE SANXENXO

 

O Grupo Municipal Socialista ( PSdeG-PSOE) no Concello de Sanxenxo a través da súa voceira Dulcinea Aguín Pombo e ó abeiro do desposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización e Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais ( Real Decreto 2568/1986 ) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:

                                                

 

 

                                                         MOCIÓN

 

A día de hoxe o parque do Espiñeiro é o parque que ten o maior número de usuarios do Concello de Sanxenxo durante toda a semana e os fines de semana o número de usuarios é moito maior. Xunta usuarios de Portonovo e de outras parroquias incluso de outros Concellos.

 

Ten un número insuficiente de xogos intantís tendo en conta a gran cantidade de metros cadrados que ten o parque. O caucho en moitas zonas é inexistente, noutras está roto e os buratos tapados con un pouco de chapapote. Os biosaludables están oxidados e algúns apenas funcionan. As pistas deportivas levan meses sin porterías, os nenos non poden xogar o fútbol, as canastas de baloncesto sin rede.

 

 Dende o PSdeG-PSOE de Sanxenxo pretendemos que o Parque do Espiñeiro sexa un parque moderno e completo de acorde as necesidades dos usuarios.

Entendemos que debe contar con un número moito maior de xogos infantís, columpios, tobogans, etc.  A súa vez incrementar o  número de bancos así como de papeleiras existentes. Proceder a reparar todas as zonas de caucho e dotar do mesmo as inexstentes así como proceder a limpeza da área existente en moitas zonas, co conseguinte daño que lle poden ocasionar as os nenos.

 

Para o PSdeG-PSOE de Sanxenxo a pista de futbito debería estar completamente acristalada e dotala de césped artificial, o que levaría a ser unha pista moito máis segura e moi atractiva para o xogo dos nenos.

A  pista de baloncesto dotar  as canastas  de redes e o chan con un material de acordo as características das pistas e a zona.

A súa vez  as pistas deportivas deben estar señalizadas, pintadas de acordo coa reglamentación vixente.

Mellorar e reparar os biosaludables.

 

 

Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte

 

ACORDO:

 

1.      Que se proceda a unha remodelación integral de todo o parque do Espiñeiro de Portonovo:

 

a)      Dotando dun maior número de xogos infantís.

b)      Reparación e dotación das zonas de caucho.

c)      Reparación e acondionamento dos biosaludables.

d)     Instalación de un maior  número de bancos e papeleiras.

e)      Reforma integral das pistas deportivas, dotando o campo de fútbol dun acristalemento o arredor, con porterías i herba artificial. A pista de baloncesto, con redes nas canastas. Ambas pistas completamente pintadas dacordo a normativa vixente.

 

 

                                                               En Sanxenxo, a  5 de Maio de 2014

 

 


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Progreso, nº124 baixo 36960 Sanxenxo (Pontevedra) Tfno./Fax: 986690158
E-mail: sanxenxo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera