17 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

Home / MOCIONES / 2014 / MOCION ARENAIS ADAPTADOS

2014

MOCION ARENAIS ADAPTADOS

Por outra parte entendemos que máis dun dos arenais de Sanxenxo deberían estar dotados cos medios materiais e humanos para que fosen praias adaptadas para persoas con discapacidade ou movilidade reducida.

 

22/10/2014

 

O PLENO DO CONCELLO DE SANXENXO

 

O Grupo Municipal Socialista ( PSdeG-PSOE) no Concello de Sanxenxo a través da súa voceira Dulcinea Aguín Pombo e ó abeiro do desposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización e Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais ( Real Decreto 2568/1986 ) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:

                                                           MOCIÓN

 

 

 

Falta menos de un mes para que chegue a tan esperada Semana Santa e con ela desexamos que cheguen tamén un importante número de turistas que axuden a mellorar a economía local. Desexamos que os ingresos da Semana Santa axude a mellorar a economía dos establecementos hoteleiros, do sector comercial, profesionais independientes, Pymes, autónomos, etc.

 

Tamén é certo que dende fai moito tempo estamos advertindo que hai que mudar o modelo de turismo que ten Sanxenxo. Aos turistas importalles se fai sol pero tamén lle importa qué pode facer no destino. O diseño de unha proposta de valor é fundamental para os intereses turísticos de Sanxenxo para o presente e para o futuro. Non esquezamos que cada vez hai máis soles e praias dónde elexir a uns prezos moi asequibles. Sanxenxo ten a obriga de explotar outro tipo de turismo que sexa atractivo para quen nos visita e con elo ten resolto o qué facer e non o donde ir.

 

Temos que reinventar o destino e tampouco podemos esperar moito tempo para facelo. Entendemos que este é un debate o suficientemente importante  para os  intereses de Sanxenxo que unha moción non reflexaría todo o importante que debería reflexar para mellorar a industria turística de Sanxenxo. Dende o PSdeG-PSOE sempre estaremos dispostos a propoñer ideas que entendemos que mellorarían as expectativas turísticas de Sanxenxo.

 

Se hai algo polo que se caracteriza Sanxenxo e pola excelencia dos seus arenais e das augas das prais. É certo que cada ano Sanxenxo conta con un importante número de bandeiras azuis. Este último ano concretamente con 13 bandeiras azuis.

 

A pesares  de que Sanxenxo conta con esta cantidade de distintivos, algo que nos enorgullece e nos alegra, tamén somos coñecedores de que hai  que procurar facer inversións de  moito calado económico que axuden a que as nosas praias conten cos mellores accesos, servizos, etc. Dende  o PSdeG-PSOE en máis de unha ocasión fixemos unha serie de propostas para cada un dos arenais de Sanxenxo.

Por outra parte entendemos que máis dun dos arenais de Sanxenxo deberían  estar dotados   cos medios materiais e humanos para que fosen praias adaptadas para persoas con discapacidade ou movilidade reducida. Convertir unha praia da zona urbana de Sanxenxo, por exemplo a Panadeira en praia adaptada para persoas con movilidade reducida  e outra Praia de fora da zona urbana. Estaríamos facendo un  turismo accesible.

 

Cando falamos  de facer praias adaptadas a persoas con movilidade reducida, non nos referimos soamente a dotalas con prazas de aparcamento para minusválidos, baños para minusválidos, rampas de acceso e barreiras de seguridade , xa  que esto o consideramos como básico.

 

Entendemos dotar as praias con cadeiras adaptadas para poder acceder a zona de  baño das persoas con discapacidade, medios humanos formados para  axuda das persoas, existencia de un transporte adaptado.

 

A sociedade actual evolucionou dunha maneria tan satisfactoria que o ter movilidade reducida  non é un impedimento para viaxar e facer turismo. Ademáis o envellecemento da poboación fai que cada vez o número de persoas dependentes sexa cada vez maior por eso entendemos da importancia de que Sanxenxo sexa  unha referencia na comarca, provincia ou  en Galicia de que conta con arenais adaptados  para un turismo accesible.

.

 

Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte

 

ACORDO:

 

1.      Que por parte do Concello de Sanxenxo se proceda a un estudio o máis riguroso posible, en colaboración coas diferentes organizacións e institucións  adicadas a axuda das persoas con movilidade reducida, para establecer cales deben ser os arenais e os medios materiais e humanos necesarios para adaptalas as persoas con movilidade reducida.

 

2.      Que o Concello de Sanxenxo dote a dous arenais como mínimo de Sanxenxo cos medios materiais e humanos  para que as persoas con movilidade reducida poidan disfrutar das praias e facer un turismo accesible para a tempada estival do verán 2014.

 

 

                                                               En Sanxenxo, a 24 de Marzo de 2014

 

 

 

Asdo: Dulcinea Aguín Pombo

           Voceira do Grupo Municipal Socialista

 

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE SANXENXO

 

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Progreso, nº124 baixo 36960 Sanxenxo (Pontevedra) Tfno./Fax: 986690158
E-mail: sanxenxo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera