14 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

Home / MOCIONES / 2014 / MOCION ORDENANZA DAS TERRAZAS

2014

MOCION ORDENANZA DAS TERRAZAS

Entendemos que desde a entidade local deberíase axudar a paliar a importante crise que están a pasar estes negocios e reducir a tasa que se paga por terraza.

 

22/10/2014

 

O PLENO DO CONCELLO DE SANXENXO

 

O Grupo Municipal Socialista ( PSdeG-PSOE) no Concello de Sanxenxo a través da súa voceira Dulcinea Aguín Pombo e ó abeiro do desposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización e Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais ( Real Decreto 2568/1986 ) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:

                                                           MOCIÓN

 

 

 

En menos dun mes estaremos en Semana Santa. Unha boa parte de comercios, hoteis, apartamentos turísticos, bares, restaurantes, etc que están pechados prácticamente o resto do ano abrirán as súas portas para recibir aos turistas que nos visiten en estas datas.

 

Supoñemos que dentro de poucos días os locais de hostelería empezarán a preparar os seus negocios e as terrazas exteriores.

 

Dende o  PSdeG-PSOE de Sanxenxo entendemos que fai moito tempo que o Concello de Sanxenxo debería de ter dunha Ordenanza Reguladora das terrazas . Unha ordenanza  que debería definir entre outras cousas os seguintes puntos:

 

1º Os materiais e os cores utilizados para a montaxe das terrazas debería ser uniforme e dacordo coa zona de ubicación. Non é lóxico que haxa en menos de  5 metros terrazas con distintos materiais, cores, etc

 

2ºSimplificar a documentación que se precisa para o permiso da terraza.

 

3º Establecer claramente a delimitación de cada terraza e de cada negocio. É necesaria a regulación dos módulos das mesas así como das súas cadeiras dacordo a natureza do paseo, esplanada, etc.

 

4º A colocación das terrazas non deberá ser impedimento para o paso de viandantes,  sillas con nenos, persoas en cadeiras, etc.

 

Ademáis  na situación de crise económica  actual que nos atopamos moitos locais de hostelería fan un enorme esforzo económico para poder pagar a tasa das terrazas.

Entendemos que desde a entidade local deberíase axudar a paliar a importante crise que están a pasar estes negocios e reducir a tasa que se paga por terraza. Hai determinadas zonas que non teñen o rendimento económico que tiñan noutra época polo que entendemos que deberíase axudar a paliar esta crise.

 

 

 

Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte

 

ACORDO:

 

1.      Que por parte do Concello de Sanxenxo se proceda a elaboración dunha ordenanza reguladora das terrazas.

 

2.      Que o Concello de Sanxenxo proceda a unha revisión das tasas de terrazas, prcedendo a unha rebaixa das mesmas tendo en conta o contexto económico de crise actual.

 

                                                               En Sanxenxo, a 24 de Marzo de 2014

 

 

 

Asdo: Dulcinea Aguín Pombo

           Voceira do Grupo Municipal Socialista

 

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE SANXENXO

 

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Progreso, nº124 baixo 36960 Sanxenxo (Pontevedra) Tfno./Fax: 986690158
E-mail: sanxenxo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera