17 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

Home / MOCIONES / 2014 / MOCIÓN PARQUES INFANTIS

2014

MOCIÓN PARQUES INFANTIS

A día de hoxe este Concello conta con moitos parques infantís dispersos por todo o Concello de Sanxenxo.

 

22/10/2014

 

O PLENO DO CONCELLO DE SANXENXO

 

O Grupo Municipal Socialista ( PSdeG-PSOE) no Concello de Sanxenxo a través da súa voceira Dulcinea Aguín Pombo e ó abeiro do desposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización e Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais ( Real Decreto 2568/1986 ) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:

                                          

                                                         MOCIÓN

A día de hoxe este Concello conta con moitos parques infantís dispersos por todo o Concello de Sanxenxo. Algúns deles infrautilizados e outros con un importante número de usuarios. Por outra banda algún deles atópanse con claras deficiencias ademáis do incumplimento da normativa europea en materia de parques.

 

Algúns dos parques infantís contan con número superior de xogos en relación a cantidade de usuarios que reciben  e por outra banda hai parques infantís con un gran número de usuarios e moi poucos xogos infantís.

 

 Dende o PSdeG-PSOE de Sanxenxo pretendemos que os parques infantís do Concello de Sanxenxo cumplan  a normativa europea en materia de parques, que se arranxen todas las deficiencias e que os parques conten cos números suficientes de xogos de acordo cos números de usuarios que reciben.

 

Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte

 

ACORDO:

 

a)      Que se proceda a elaboración de un Estudo que teña como finalidade a reordenación de todos los parques infantís do Concello de Sanxenxo, dotando dos xogos suficientes cada un dos parques tendo en conta o número de usuarios dos mesmos.

b)      Reparación e dotación das zonas de caucho, acondicionamento dos biosaludables, dotación de bancos e papeleiras, reparacións das barandillas, reparación, sustitución e dotación de xogos.

c)      Cumprimento da normativa europea de todos los parques do Concello de Sanxenxo.

 

                                                               En Sanxenxo, a  29 de Septiembre de 2014

 

Asdo: Dulcinea Aguín Pombo

          Voceira do Grupo Municipal Socialista

 

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE SANXENXO

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Progreso, nº124 baixo 36960 Sanxenxo (Pontevedra) Tfno./Fax: 986690158
E-mail: sanxenxo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera