16 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

Home / MOCIONES / 2014 / MOCIÓN REXENERACIÓN DA RÍA

2014

MOCIÓN REXENERACIÓN DA RÍA

22/10/2014

 

O PLENO DO CONCELLO DE SANXENXO

 

O Grupo Municipal Socialista ( PSdeG-PSOE) no Concello de Sanxenxo a través da súa voceira Dulcinea Aguín Pombo e ó abeiro do desposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización e Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais ( Real Decreto 2568/1986 ) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:

                                                           MOCIÓN

 

 

O pasado 9 de Xullo publicouse no DOG a convocatoria para o ano 2014 de Axudas a proxectos colectivos para a xestión de zonas de producción, conservación e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños, que permitan mellorar as condicións de vida e traballo das persoas que se dedican a esta actividade e que contribúan á conservación do medio mariño e das súas especies. Estas axudas están financiadas polo Fondo Europeo de Pesca (FEP).

 

No Concello de Sanxenxo hai unha zona  que reune os requisitos para solicitar unha axuda que teña como finalidade a producción, conservación e sustentabilidade da explotación de recursos mariños. A zona está dende a Praia Ponte do Bao, pasando polas as Pozas, Illote dos Leiros, Area da Cruz, Punta da Rasa, Punta de Peralto, Punta da Arnosa, Praia da sequina e Punta da Fianteira. Esta zona fai décadas foi un enclave de diversas industrias de cerámica e prefabricados. Na actualidade ditas industrias están pechadas, sen actividade e a maior parte completamente abandonadas.

 

 

Dende o PSdeG-PSOE de Sanxenxo entendemos que é necesario levar a cabo a rexeneración das mencionadas zonas que se atopan dentro do noso término municipal.

 

Entendemos que a rexeneración da mesma implicaría por un lado a conservación do medio mariño e por outro lado xurdiría unha nova zona de bancos marisqueiros. Unha nova zona de bancos marisqueiros xeneraría emprego e ademáis sería unha fonte de riqueza para o Concello de Sanxenxo.

 

Tampouco podemos esquezernos que unha boa parte de homes e mulleres deste Concello, sobre todo das parroquias de Noalla e Vilalonga  viven do mar e teñen que acudir diariamente a mariscar a outros Concellos limítrofes, como é o concello do Grove. A rexeneración da mencionada zona implicaría un maior número de empregos e consolidación dos existentes.

 

Dende o PSdeG-PSOE de Sanxenxo, entendemos que a entidade local debería contactar coas diferentes entidades locais (cofradías, asociacións de mariscadores/as, bateeiros, ostreiros, , etc) para facerlles  chegar a importancia de una iniciativa deste calado e asesoralos.

 

 

 

Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte

 

ACORDO:

 

 

1.Que por parte do Concello de Sanxenxo  proceda a promover ante as diferentes entidades existentes no término municipal, cuxa actividade esté relacionada co mar, a solicitude de Axudas que teñan como finalidade a xestión de zonas de producción, conservación e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños, na zona mencionada anteriormente.

 

2. Instar a Xunta de Galicia a elaboración de un plan de limpeza dos lodos existentes nunha parte das zonas mencionadas anteriormente.

 

 

 

 

 

                                                               En Sanxenxo, a 28 de Xullo de 2014

 

 

 

Asdo: Dulcinea Aguín Pombo

           Voceira do Grupo Municipal Socialista

 

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE SANXENXO

 

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Progreso, nº124 baixo 36960 Sanxenxo (Pontevedra) Tfno./Fax: 986690158
E-mail: sanxenxo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera