16 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

Home / MOCIONES / 2014 / MOCIÓN PLAYA DE A LANZADA

2014

MOCIÓN PLAYA DE A LANZADA

Dende fai uns días estamos asistindo a un triste e lamentable espectáculo entre o Alcalde de O Grove e a Alcaldesa de Sanxenxo sobre a titularidade da Lanzada.....

 

22/10/2014

 


O PLENO DO CONCELLO DE SANXENXO

 

O Grupo Municipal Socialista ( PSdeG-PSOE) no Concello de Sanxenxo a través da súa voceira Dulcinea Aguín Pombo e ó abeiro do desposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización e Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais ( Real Decreto 2568/1986 ) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:

                                                           MOCIÓN

 

Dende fai uns días estamos asistindo a un triste e lamentable espectáculo entre o Alcalde de O Grove e a Alcaldesa de Sanxenxo sobre a titularidade da Lanzada. As diferentes manifestacións realizadas por ambos gobernantes son cando menos vergonzosas, dónde están cheas de polémica, descalificacións, insultos, etc pero sen ningunha intención na procura de solución.

 

Dende o PSdeG-PSOE de Sanxenxo entendemos que as descalificacións i enfrentamentos entre pobos son propios de uns determinados  réximes pero non nun país que se rixe por un sistema democrático.

 

A  polémica ven dende fai moitos anos entre os enfrentamentos xudiciais entre a Comunidade  de Montes de  Noalla e a Comunidade de Montes de San Vicente e o Concello do Grove.

 

O pasado 17 de Marzo por parte do PSdeG-PSOE de Sanxenxo presentamos no Concello un escrito que decía o seguinte:

 

O PSdeG-PSOE de Sanxenxo solicita ver planos de deslinde dos Ayuntamientos de Sanxenxo, e o Grove. Lindes dos planos de beiramar da zona da Revolta e Vilalonga ata os limites co Concello de Meaño”

 

Tres días despois obtiñamos resposta por parte da Alcaldesa de Sanxenxo que decía:

 

“ En contestación o seu escrito do 17 de Marzo do actual (Rexistro nº 1483) comunícolle que a documentación solicitada (planos de deslinde dos Concellos de Sanxenxo e o Grove), os lindes dos planos da zona da Revolta e Vilalonga ata o Concello de Sanxenxo, estase a recopilar e se lle facilitará tan pronto sexa posible”.

 

O  23 de Marzo leíamos en todos los medios un titular explosivo:

 

“El Concello de Sanxenxo reclamará la titularidad  de toda la extensión de la Playa de la Lanzada”

Para elo se encargará a un gabinete xurídico a recopilación de documentación para que se fixen os límites do Concello de Sanxenxo.

Os límites naturais do Concello do Grove están  moi claros. Como puntos de referencia dos límites están o Con da Gaivota e o Con da Pantoeira, ben coñecidos polos veciños de ambos Concellos.

 

Tamén temos que decir, que como no Grove e na Toxa se come ben, certas autoridades locais dos dous Concellos acordaron cambiar o linde paralelo o aérodromo da Lanzada. Os que vivimos dende fai anos en este Concello,  sabemos que había unha estrada paralela o aeródromo dónde se suponían os límites dos dous Concellos.

 

 O que nunca estaremos dacordo é que os límites do Concello de Sanxenxo están dónde están na actualidade porque se está tocando o Concello de Sanxenxo.

 

Tampouco podemos esquezernos de que Sanxenxo conta con un PXOM aprobado dende o ano 2003, donde os límites fixados foron acordados e apoiados por parte do Concello do Grove , ocasionando unha perda importante de territorio para o Concello de Sanxenxo, por certo, a actual Alcaldesa de Sanxenxo  era membro da corporación.

 

Outros erros detectados no  PXOM de Sanxenxo arranxáronse tramitando modificacións puntuais. Case sempre primando o interés particular antes que o interés xeral, como é neste caso.

 

Dende o PSdeG-PSOE de Sanxenxo levamos traballando dende fai algún tempo, recopilando información nas diferentes institucións, Biblioteca Municipal de Pontevedra, Rexistro Histórico, etc  na procura de intentar esclarecer cales son os límites reais do Concello de Sanxenxo.

Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte

 

ACORDO:

 

1.      Que a recopilación da documentación realizada para fixar os límites do Concello de Sanxenxo se fagan con medios propios sen ocasionar ningún tipo de custo as arcas municipais.

 

2.      Que cesen as hostilidades por parte dos membros do Goberno de Sanxenxo cos representantes do Concello do Grove e procurar a busca de consensos en lugar de discrepancias cos Concellos Veciños e o apoio a Comunidade de Montes de Noalla..

 

3.      Comprobamos con moita frecuencia que por parte de diferentes institucións falan do complexo intermareal Umia-O Bao – O Grove, omitindo a Sanxenxo, a pesares de que a maior parte do territorio pertence a Sanxenxo. Por todo elo pedimos que por parte da entidade local traslade as diferentes institucións  que incluían a Sanxenxo cando falen do complexo intermareal.

 

 

                                                               En Sanxenxo, a 31 de Marzo de 2014

Asdo: Dulcinea Aguín Pombo

          Voceira do Grupo Municipal Socialista

 

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE SANXENXO

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Progreso, nº124 baixo 36960 Sanxenxo (Pontevedra) Tfno./Fax: 986690158
E-mail: sanxenxo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera