7 de decembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

Home / NOTICIAS AÑOS ANTERIORES / Noalla / Durante o período de exposición pública

Noalla

Durante o período de exposición pública do Proxecto de Desdoblamento a VG-4.1 Sanxenxo (AG-4.1) A Lanzada (PO-550) debemos de facer as seguintes consideracións e alegacións:

O PSdeG-PSOE de Sanxenxo pon de manifesto a súa preocupación pola actual situación de seguridade víal que existe no tramo da Vía rápida que une a Parroquia de Noalla e Adina con Sanxenxo. Por todos é coñecido que dito tramo é constantemente protagonista de múltiples accidentes, moitos deles mortais como sucedeu nos acontecidos fai unhas semanas cunha diferencia de 12 horas e que cobraron a vida de dúas persoas (unha delas faleceu no acto e outra días máis tarde no Hospital). O último accidente ocorreu a semana pasada con 12 feridos, algúns de carácter grave.

 

22/08/2012

 

Dona María Dulcinea Aguín Pombo, Voceira do Grupo Municipal Socialista de Sanxenxo, con dirección en Paxariñas, 33 Portonovo a efectos de notificación:


EXPÓN:




Durante o período de exposición pública do Proxecto de Desdoblamento a VG-4.1 Sanxenxo (AG-4.1) A Lanzada (PO-550) debemos de facer as seguintes consideracións e alegacións:



PRIMEIRO:


O PSdeG-PSOE de Sanxenxo pon de manifesto a súa preocupación pola actual situación de seguridade víal que existe no tramo da Vía rápida que une a Parroquia de Noalla e Adina con Sanxenxo. Por todos é coñecido que dito tramo é constantemente protagonista de múltiples accidentes, moitos deles mortais como sucedeu nos acontecidos fai unhas semanas cunha diferencia de 12 horas e que cobraron a vida de dúas persoas (unha delas faleceu no acto e outra días máis tarde no Hospital). O último accidente ocorreu a semana pasada con 12 feridos, algúns de carácter grave.


O certo é que tanto o punto de entrada do lugar da Adina como a saída de Noalla, neste caso concretamente a curva sita xunto o cemiterio son dende fai tempo dous puntos negros da vía rápida debido tanto á gravidade como á cantidade de accidentes que se producen nos mesmos. Esta situación é permanente dende a inauguración e apertura de dito víal.


Consideramos necesario e de forma inmediata que se proceda a instalación dunha medianera provisional en dito tramo da Via Rápida que regule o tráfico e a velocidade da mesma. Asimesmo é necesario unha revisión dos peraltes, do asfalto existente e un cambio de señalización na Vía, intercalando a señalización horizontal e vertical nos diferentes tramos.



SEGUNDO:


É necesario que por parte da Administración Autonómica faga, ben de forma interna ou externa, unha auditoría na que conste o número exacto de vehículos que transitan diariamente e mes a mes durante un período de un ano pola mencionada Vía.





TERCEIRO:


É necesario un estudio de viabilidade económica da inversión, na que figure a súa rentabilidade e xustificación da inversión.

Sen ningún tipo de dúbida é prioritario a seguridade vial , pero tamén é necesario, e sobor de todo nos tempos actuais que vivimos, a optimización de recursos e que se analicen todas las solucións posibles aos puntos negros antes de facer inversións multimillonarias inútiles na que se rixen por criterios políticos, pero non están xustificadas as inversións dende un punto de vista técnico i económico.



CUARTO:


Este proxecto de desdobramento da VG. 4-1 de Sanxenxo non pode presentarse dunha forma illada sin ter en conta as principais vías de comunicación cos diferentes núcleos de poboación de Sanxenxo, Adina, Noalla e Vilalonga así coma un estudio de seguridade vial. O actual proxecto non garanta unhas boas comunicacións cos diferentes núcleos de poboación nin permite unha vertebración axeitada do territorio.


Tal como figuran nos planos ponse de manifesto que a parroquia de Noalla quedaría totalmente incomunicada unha vez executada o Desdobramento da VG-41 Sanxenxo- A Lanzada.



QUINTO:


Actualmente na zona da Lanzada existen outros dous proxectos para dúas actuacións, diferentes, unha de carácter medioambiental e outra de seguridade vial. Concretamente os dous proxectos existentes son: Actuación Mediambiental na praia da Lanzada, Fase III, proxecto do Ministerio de Medio Ambiente e o Proxecto de seguridade vial da PO-308 Sanxenxo a Lanzada, proxecto da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

Polo tanto consideramos prioritario definir as actuacións que se van a levar a cabo na zona da Lanzada polas diferentes administracións para que esas consten en un único proxecto, e non que nos atopemos con varios proxectos con distintas actuacións na mesma zona. É prioritario refundir os tres proxectos nun só.




SEXTO:


O desprazamento da rotonda actual da Lanzada non garanta a comunicación da poboación de Noalla, concretamente da Revolta, coa zona da Lanzada. Non podemos esquecer que a zona da Revolta é unha zona donde hai moitos establecimentos hoteleiros e comerciais no que o turismo representa a maior parte dos seus ingresos, e a única comunicación existente entre a Revolta e a Lanzada é a través dunha pista ( que actualmente non se atopa nas mellores condicións) coñecida como a pista das Salinas. Tal como figura no plano 11 o desprazamento da rotonda actual hacia o lado dereito deixerá a pista das Salinas sen comunicación coa zona da Lanzada, co grave perxuicio que eso ocasionaría para toda a zona da Revolta.


É necesario a eliminación da rotonda da Lanzada que figura no proxecto, e facer un novo estudo dónde se comunique a Via Rápida coa rotonda da PO-550, que garanta unha perfecta comunicación da zona da Revolta coa Lanzada.




Sanxenxo, 20 de Agosto de 2012








Asdo: Mª Dulcinea Aguín Pombo

Voceira do Grupo Municipal Socialista















DIRECCIÓN XERAL DE INFRAESTRUCTURAS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS


 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Progreso, nº124 baixo 36960 Sanxenxo (Pontevedra) Tfno./Fax: 986690158
E-mail: sanxenxo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera