22 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

Home / NOTICIAS AÑOS ANTERIORES / Noalla / Moción pedindo a Consellería a colocació

Noalla

Moción pedindo a Consellería a colocación de unha mediana provisional na Vía Rápida tramo Sanxenxo-A Lanzada

02/08/2012

 

O PLENO DO CONCELLO DE SANXENXO


O Grupo Municipal Socialista ( PsdeG-PSOE) no Concello de Sanxenxo a través do sua voceira Dulcinea Aguín Pombo e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais ( Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:




MOCIÓN


O PSdeG-PSOE de Sanxenxo pon de manifesto a súa preocupación pola actual situación de seguridade víal que existe no tramo da Vía rápida que une a Parroquia de Noalla e Adina con Sanxenxo. Por todos é coñecido que dito tramo é constantemente protagonista de múltiples accidentes, moitos deles mortais como sucedeu nos acontecidos fai unhas semanas cunha diferencia de 12 horas e que se cobraron a vida de dúas persoas (unha delas faleceu no acto e outra días máis tarde no Hospital).


O certo é que tanto o punto de entrada do lugar da Adina como a saída de Noalla, neste caso concretamente a curva sita xunto o cemiterio son dende fai tempo dous puntos negros da vía rápida debido tanto á gravidade como á cantidade de accidentes que se producen nos mesmos. Esta situación é permanente dende a inauguración e apertura de dito víal.


O PSdG-PSOE de Sanxenxo é coñecedor de que existe na actualidade un proxecto de desdobramento de carrís para dita Vía Rápida o cal xa está no período de exposición pública pero tamén considera que tanto ditas obras como os trámites pendentes aparte de ser tardíos, levarán un tempo considerable retrasando a solución a un problema grave de seguridade vial tanto para os veciños do Concello que usan a Vía Rápida diariamente como para todos os transeúntes que descoñecen a perigosidade de ditos puntos e que nestas épocas do ano duplican o tránsito de dito vial.


Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte


ACORDO


Instar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a que se proceda a instalación dunha medianera provisional en dito tramo da Via Rápida que regule o tráfico en dito tramo da Vía Rápida que regule e a velocidade da mesma mentres non se realicen as obras de desdobramento da mesma.

Con dita medida conseguiriase solventar en certa medida o grave problema de circulación que existe na zona e paliar en gran medida a perigosidade de dito tramo nos xa considerados como “puntos negros” do víal tanto no punto de entrada da Adina como no de Noalla. Trátase de darlle solución a un problema grave de seguridade víal provisional ante a tardía posta en marcha e posteriores obras de desdobramento da Vía Rápida que esperamos unha vez feitas solucionen definitivamente o problema vial e a perigosidade de dito tramo

En Sanxenxo, 27 de Xullo de 2012






Asdo: Dulcinea Aguín Pombo

Voceira do PSdeG-PSOE





SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE SANXENXO

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Progreso, nº124 baixo 36960 Sanxenxo (Pontevedra) Tfno./Fax: 986690158
E-mail: sanxenxo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera