O PLENO DO CONCELLO DE SANXENXO
O Grupo Municipal Socialista ( PsdeG-PSOE) no Concello de Sanxenxo a través do sua voceira Dulcinea Aguín Pombo e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais ( Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:
MOCIÓN
Nos últimos tempos asistimos a un goteo de sentenzas xudiciais contrarias aos intereses do Concello de Sanxenxo. Algunhas destas sentenzas implican a demolición de construccións rematadas e outras case rematadas( chalés de Dorrón, edificio Progreso, hotel-apartamentos en Canelas, etc). A demolición das construccións implica a redacción de proxecto, adxudicación de obras, valoración de indemnizacións, etc.
O pasado 29 de Xuño aprobouse en pleno os orzamentos do Concello de Sanxenxo para o ano 2012 dónde se inclúe unha partida orzamentaria de 1 millón de euros para facer frente o pago de indemnizacións polas mencionadas sentenzas xudiciais. Toda esta situación que se está dando no Concello de Sanxenxo é moi grave poñendo en perigo a viabilidade económica de este Concello así como un importante deterioro da súa imaxe.
Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte
ACORDO
Que se constitúa unha Comisión, na que estén representados todos los grupos políticos da Corporación, na que se dé conta de todos los expedientes que actualmente teñen sentenzas desfavorables aos intereses do Concello de Sanxenxo. A súa vez se dé conta do estado de tramitación actual dos mencionados expedientes (recursos, etc) os proxectos de demolición existentes, adxudicación de demolicións, valoracións das indemnización aos promotores e un planning non que contempla as datas de cada un dos procesos.
En Sanxenxo, 30 de Xullo de 2012
Asdo: Dulcinea Aguín Pombo
Voceira do PSdeG-PSOE
SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE SANXENXO